martes, 5 de maio de 2020

Recursos para a aula

VÍDEO
Este vídeo, é un recurso animado que reflicte a realiade de cada un dos animais, que sofre as consecuencias do risco de extinción de especies en Galicia. 
Para a realización deste material audiovisual empregamos cartolinas, recortes, rotuladores, pegamento, teixoiras...e moita imaxinación!
Ademais, cómpre dicir que decidimos facelo desta maneira, porque pensabamos que era a mais axeitada para  fomentar a concienciación animal e polo tanto, o feito de que un humano se poida poñer no corpo dun animal.





ACTIVIDADES MULTIMEDIA INTERACTIVAS
Para a realización do noso libro interactivo empregamos a páxina Educaplay, para a creación de actividades que se axustaban ao alumnado de segundo de primaria, a continuación se fará unha breve descripción dos doce exercicios (pódese acceder pulsando na imaxe):
1. Trátase dun sinxelo crucigrama, no cal temos que acertar o nome dos animais que van aparecendo e situándao as letras nos ocos correspondentes.
2. Neste exercicio débese unir a imaxe co nome axeitado.
3. Visualizarase o vídeo para que posteriormente o alumnado elixa a opción correcta para a pregunta plantexada despois de ver un anaco de vídeo.
4. Nesta actividade os/as mais cativos/as terán que ordenar palabras, para poder responder as preguntas plantexadas. Estas serán da temática dos animais en perigo de extinción na zona de Galicia, isto faralles ver a existencia desta problemática e as principais causas polas que sucede isto. 
5. No exercicio plantexado hai que unir os animais coas súas características.
6. Aquí os/as cativos/as teñen que resolver as adiviñas sobre os animais en perigo de extinción en Galicia.
7. O reto proposto é atopar, na sopa de letras, os animais que se encontran en perigo de extinción na zona de Galicia.
8. Os/as menores deberán responder este test relacionado cos animais e o risco que corren cara a súa posible desaparición en Galicia.
9. Farase un repaso do estudado, unindo. de novo, os nomes dos animais coa súa respectiva imaxe.
10. Trátase de que o alumnado acerte os animais que se agochan tras cada letra do abecedario mediante unha breve descripción. Ademáis, no xogo haberá unha letra sorpresa que xa inclúe o nome do animal, a finalidade de dita letra é que sexan conscientes das letras que compoñen os nomes dos animais.
11.  Os/as estudantes deben ordenar as letras para compoñer o nome dun animal en perigo que tamén habite en Galicia.
12. Escoita a breve descripción do animal, algunhas das súas características e os problemas que ten para sobrevivir no seu hábitat. Con isto poderás coñecer un pouco mais os animais que están en perigo de extinción en Galicia.



WEBQUEST
Deseñouse unha caza do tesouro para que os e as cativos/as descubran cales son as causas que poñen aos animais en perigo de extinción hoxe en día, e como poder solventar esto. Para isto tivemos que adaptarnos as características que presentan xeralmente o alumnado de segundo de primaria, facendo cuestións acordes a súa idade e escollendo recursos con máis imaxes que letra asi como o emprego de páxinas web que non empreguen tecnicismos nin palabras moi complicadas para o nivel de desenvolvemento cognitivo dos educandos/as.
As competencias traballadas nesta actividade son as seguintes:
  • Comunicación lingüística (CCL).
  • Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía (CMCCT).
  • Competencia dixita (CD).
  • Aprender a aprender (CAA).
  • Competencias socias e cívicas (CSC).
  • Sentido de iniciativa e espírito emprendedor (CSIEE).
  • Conciencia e expresións culturais (CCEC).

xoves, 19 de marzo de 2020

O noso póster


PROTEXE AOS ANIMAIS

 Os recursos foron extraídos e buscados a través de fontes fiables co fin de atopar información sobre animais en perigo de extinción arredor do mundo e así poder empregalos nas aulas de maneira que o alumnado aprenda de forma sinxela e divertida. Ademais consideramos que os recursos escollidos xogan un papel importante á hora de motivar aos/as nenos/as na superación da materia.



mércores, 5 de febreiro de 2020

O noso xornal



Escollimos o proxecto 5, que consiste na realización dun xornal ou revista escolar dixital co fin de que os/as máis cativos/as coñezan a organización interna e a finalidade educativa destes medios, xa que, na actualidade este colectivo non está familiarizado co emprego deste tipo de canles. 
Na nosa sociedade comezan a utilizarse máis os xornais dixitais que os físicos, polo que, vemos de gran axuda promover o seu uso nas aulas dos centros educativos. Outra vantaxe que observamos é a reducción considerable do gasto de papel e tala de árbores que levan consigo o deterioro do medioambiente. Os xornais están vistos como un dos medios máis fiables con información contrastada e actualizada no que os nenos e nenas poden aprender de forma máis visual e didáctica. 
A pesar disto non descartamos a importancia doutros proxectos, xa que, con eles achégase ás novas xeracións novos medios audivisuales dentro do ámbito educativo. 

mércores, 29 de xaneiro de 2020

Expectativas arredor da materia.



Reflexións individuais da materia



           Esta materia paréceme fundamental para o ámbito educativo, xa que hoxe en día é esencdial saber o funcionamento ou ter uns mínimos coñecementos sobre o emprego das tecnoloxías. Non só dentro da aula, senón na vida cotiá de toda a comunidade educativa. Mestres e mestras temos o deber de achegar ós nenos e nenas dende cativos a este entorno. 
Resultado de imagen de imagenes de TIC
          Persoalmente, a miña primeira impresión é que esta materia vai ser moi práctica e realizada conxuntamente polo que creo que vai espertar o meu interese por este medio. Por outra parte, teño preocupacións á hora de non saber cómo realizar as actividades ou non entender certos aspectos da materia, realizando os traballos erróneamente. Pese a isto, a expectativa que teño para a asignatura é de mellora e ampliación dos meus coñecementos. 

Iglesias Ureña, Moraima



   Nunca tiven especial interese nas tecnoloxías polo que non teño moito coñecemento sobre elas. No ámbito da educación, dende o meu punto de vista, é importante o emprego das TIC xa que nestes últimos anos deuse un gran incremento do seu uso. Os nenos e nenas crecen familiarizándose nos seus fogares con moitos instrumentos tecnolóxicos polo que os docentes deberían empregar medios dixitais a hora de impartir as súas materias para captar a atención do alumnado.

Resultado de imagen de imagenes de TIC        A miña primeira impresión da materia foi doada debido ao apoio que ofreceron as docentes dicindo que estarán dispostas a solventar as miñas dúbidas. Isto tranquilizoume porque non estou acostumada a traballar con estes medios. A miña meta a conseguir nesta materia é aprender a empregar as TIC para transmitir as miñas ideas ou os posteriores contidos que teña que impartir de forma vistosa, ordenada e facilitadora para os nenos e nenas. 
Lage Rodríguez, Marieta



Considero que ter esta materia no segundo cuadrimestre é fundamental porque hoxe en día o mundo está rodeado de tecnoloxía, polo tanto é indispensable que nós como mestras empreguemos e transmitamos esta rama do saber a nenos e nenas. 
Resultado de imagen de imagenes de tecnologia educativa      A miña primeira impresión  da materia foi moi positiva, dado que na miña infancia e etapa en  Primaria non estiven en contacto ningún cas tecnoloxías. Para min, como futura mestra, o saber darlle un bo uso á tecnoloxía e á informática é unha meta esencial a acadar. Ademais penso que o alumnado se motivará poñendo en práctica os proxectos orientados a aplicación das tecnoloxías como medio para traballar o contido da materia.      
                                                                                                  Iglesias Isla, Mencía

Ferramentas TIC


As TIC aportan as ferramentas e os coñecementos precisos para facilitar a aprendizaxe do alumnado. Ademais facilitan aos docentes moitos recursos para preparar as súas clases e optimizar o proceso de ensinanza.Cambiaron por completo o día a día nas nosas aulas e tamén o papel tradicional de profesor/a e estudiante.
Neste caso decidimos incluír no noso blog ferramentas como Edlim, un espazo para a creación de materiais educativos en formato de Libro Interactivo Multimedia. 
As súas características no campo da educación son:
  • Entorno agradable.
  • Facilidade de uso para alumnado e profesorado.
  • Actividades atractivas.
  • Posibilidade de control de progresos.
  • Avaliación dos exercicios.
  • Non hai que preparar os ordenadores, é un recurso fácil de manexar.
  • Posibilidade de utilización en moitos dispositivos.
  • Preparación de actividades de forma sinxela.


Tamén empregamos a ferramenta de Educaplayunha plataforma para o deseño de actividades interactivas multimedia que poden incluírse en plataformas de e-learning e que permiten o rexistro dos resultados das actividades e avaliacións realizadas polo alumnado.
As súas características son:
  • É de balde.
  • Sinxelo de manexar.
  • Pódense elaborar materiais de maneira profesional.
  • Contén ata 12 tipos de actividades.
  • Elabóranse materiais de forma online.
  • Só con rexistrarse podes crear as túas propias actividades.
  • Pódense compartir materiais.

Para a edición do vídeo empregouse a app denominada InShot, con esta unimos os cortos realizados anteriormente mediante un móvil, e engadimos a portada e os créditos, nestes útimos engadimos o nome de todos os participantes e quen realizou cada parte do recurso.
As súas características son:
  • É de balde.
  • Só podemos atopálo para productos de apple.
  • Sinxelo de manexar.
  • Pódense elaborar materiais de maneira profesional.
  • Pódense modificar tanto imaxes como vídeos.
  • Descárgase o material creado gratuitamente.
  • O contido elaborado non leva gotas de auga da aplicación.


Experiencias prácticas

Reflexións teóricas