Reflexións individuais da materia
Esta materia paréceme fundamental para o ámbito educativo, xa que hoxe en día é esencdial saber o funcionamento ou ter uns mínimos coñecementos sobre o emprego das tecnoloxías. Non só dentro da aula, senón na vida cotiá de toda a comunidade educativa. Mestres e mestras temos o deber de achegar ós nenos e nenas dende cativos a este entorno.

Persoalmente, a miña primeira impresión é que esta materia vai ser moi práctica e realizada conxuntamente polo que creo que vai espertar o meu interese por este medio. Por outra parte, teño preocupacións á hora de non saber cómo realizar as actividades ou non entender certos aspectos da materia, realizando os traballos erróneamente. Pese a isto, a expectativa que teño para a asignatura é de mellora e ampliación dos meus coñecementos.
Iglesias Ureña, Moraima
Nunca tiven especial interese nas tecnoloxías polo que non teño moito coñecemento sobre elas. No ámbito da educación, dende o meu punto de vista, é importante o emprego das TIC xa que nestes últimos anos deuse un gran incremento do seu uso. Os nenos e nenas crecen familiarizándose nos seus fogares con moitos instrumentos tecnolóxicos polo que os docentes deberían empregar medios dixitais a hora de impartir as súas materias para captar a atención do alumnado.
A miña primeira impresión da materia foi doada debido ao apoio que ofreceron as docentes dicindo que estarán dispostas a solventar as miñas dúbidas. Isto tranquilizoume porque non estou acostumada a traballar con estes medios. A miña meta a conseguir nesta materia é aprender a empregar as TIC para transmitir as miñas ideas ou os posteriores contidos que teña que impartir de forma vistosa, ordenada e facilitadora para os nenos e nenas.
Lage Rodríguez, Marieta
Considero que ter esta materia no segundo cuadrimestre é fundamental porque hoxe en día o mundo está rodeado de tecnoloxía, polo tanto é indispensable que nós como mestras empreguemos e transmitamos esta rama do saber a nenos e nenas.
A miña primeira impresión da materia foi moi positiva, dado que na miña infancia e etapa en Primaria non estiven en contacto ningún cas tecnoloxías. Para min, como futura mestra, o saber darlle un bo uso á tecnoloxía e á informática é unha meta esencial a acadar. Ademais penso que o alumnado se motivará poñendo en práctica os proxectos orientados a aplicación das tecnoloxías como medio para traballar o contido da materia.
Iglesias Isla, Mencía
Ningún comentario:
Publicar un comentario