martes, 5 de maio de 2020

Recursos para a aula

VÍDEO
Este vídeo, é un recurso animado que reflicte a realiade de cada un dos animais, que sofre as consecuencias do risco de extinción de especies en Galicia. 
Para a realización deste material audiovisual empregamos cartolinas, recortes, rotuladores, pegamento, teixoiras...e moita imaxinación!
Ademais, cómpre dicir que decidimos facelo desta maneira, porque pensabamos que era a mais axeitada para  fomentar a concienciación animal e polo tanto, o feito de que un humano se poida poñer no corpo dun animal.





ACTIVIDADES MULTIMEDIA INTERACTIVAS
Para a realización do noso libro interactivo empregamos a páxina Educaplay, para a creación de actividades que se axustaban ao alumnado de segundo de primaria, a continuación se fará unha breve descripción dos doce exercicios (pódese acceder pulsando na imaxe):
1. Trátase dun sinxelo crucigrama, no cal temos que acertar o nome dos animais que van aparecendo e situándao as letras nos ocos correspondentes.
2. Neste exercicio débese unir a imaxe co nome axeitado.
3. Visualizarase o vídeo para que posteriormente o alumnado elixa a opción correcta para a pregunta plantexada despois de ver un anaco de vídeo.
4. Nesta actividade os/as mais cativos/as terán que ordenar palabras, para poder responder as preguntas plantexadas. Estas serán da temática dos animais en perigo de extinción na zona de Galicia, isto faralles ver a existencia desta problemática e as principais causas polas que sucede isto. 
5. No exercicio plantexado hai que unir os animais coas súas características.
6. Aquí os/as cativos/as teñen que resolver as adiviñas sobre os animais en perigo de extinción en Galicia.
7. O reto proposto é atopar, na sopa de letras, os animais que se encontran en perigo de extinción na zona de Galicia.
8. Os/as menores deberán responder este test relacionado cos animais e o risco que corren cara a súa posible desaparición en Galicia.
9. Farase un repaso do estudado, unindo. de novo, os nomes dos animais coa súa respectiva imaxe.
10. Trátase de que o alumnado acerte os animais que se agochan tras cada letra do abecedario mediante unha breve descripción. Ademáis, no xogo haberá unha letra sorpresa que xa inclúe o nome do animal, a finalidade de dita letra é que sexan conscientes das letras que compoñen os nomes dos animais.
11.  Os/as estudantes deben ordenar as letras para compoñer o nome dun animal en perigo que tamén habite en Galicia.
12. Escoita a breve descripción do animal, algunhas das súas características e os problemas que ten para sobrevivir no seu hábitat. Con isto poderás coñecer un pouco mais os animais que están en perigo de extinción en Galicia.



WEBQUEST
Deseñouse unha caza do tesouro para que os e as cativos/as descubran cales son as causas que poñen aos animais en perigo de extinción hoxe en día, e como poder solventar esto. Para isto tivemos que adaptarnos as características que presentan xeralmente o alumnado de segundo de primaria, facendo cuestións acordes a súa idade e escollendo recursos con máis imaxes que letra asi como o emprego de páxinas web que non empreguen tecnicismos nin palabras moi complicadas para o nivel de desenvolvemento cognitivo dos educandos/as.
As competencias traballadas nesta actividade son as seguintes:
  • Comunicación lingüística (CCL).
  • Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía (CMCCT).
  • Competencia dixita (CD).
  • Aprender a aprender (CAA).
  • Competencias socias e cívicas (CSC).
  • Sentido de iniciativa e espírito emprendedor (CSIEE).
  • Conciencia e expresións culturais (CCEC).

Ningún comentario:

Publicar un comentario